A casa de Aranza

 
 
 

A CASA DE ARANZA é unha vivenda construída a partir dunha primeira edificación realizada a finais do século XVIII. Coma a maioría das casas do rural galego foise adaptando ás necesidades dos seus propietarios, mudando así a súa estructura inicial ate se converter nunha vivenda de 360 m², se contamos coa zona do patio. Actualmente conserva tódolos seus muros de pedra, tanto exteriores coma interiores, así coma o hórreo e o antigo forno de pan.

A súa situación é privilexiada: atópase na parte máis alta da parroquia de Aranza, o cal nos permite observar o val que forma o río Oitavén e tamén ter un acceso doado ós carreiros que nos levan ás pozas deste río, así coma a distintas rotas de sendeirismo polos seus canóns.

A casa conta con dúas plantas e unha zona de cuadras e adegas.

Na planta baixa temos unha cociña completamente equipada, un salón con cheminea, comedor, baño común e unha habitación de dúas camas con baño completo.

Na planta superior, que é abuhardillada, temos tres habitacións máis, moi amplas e luminosas, todas elas exteriores e con baño completo.

   

- principal - historia - coñece a casa - entorno - actividades - como chegar - contacto -